Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da comunicación e da opinión pública
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A14 A16 A25 A27 B1 B2 B3 B4 B22 B24 B27 C1 C3 C7 C8 Realización dun traballo grupal de carácter empírico que consistirá no Seguimento e Análise (cuantitativo e cualitativo) dun tema de actualidade nos Medios de Comunicación dixitais. As instrucións para a súa realización estarán a disposición dos e das estudantes na aula virtual da materia. 25
Proba obxectiva A5 A9 A14 A16 B3 B9 B27 C8 Realizarase unha proba obxectiva para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia. A proba combinará preguntas tipo test con preguntas de resposta curta. 50
Obradoiro A1 A4 A27 B10 B21 B24 C1 C7 Realización de actividades prácticas (de carácter grupal ou individual) nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión das profesoras da materia. 25
 
Observacións avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN ALUMNADO:

Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre contabilizan para a nota final. As prácticas e o traballo de investigación realizaranse ao longo do cuadrimestre e a proba obxectiva (exame) na data oficial de primeira convocatoria.

Tanto as prácticas do taller como o traballo de investigación tutelado serán entregados nas datas marcadas pola profesora a través da plataforma habilitada para iso na aula Virtual. Non se corrixirá ningunha práctica fóra de prazo. O traballo tutelado só se corrixirá unha vez tras a data de entrega (non haberá segunda corrección) pois o alumnado xa conta coas instrucións e a guía da profesora nas sesións interactivas e nas tutorías.

A parte práctica da materia supón o 50% da nota final. Está composta de Traballo Tutelado (25%) + actividades dos talleres (25%). Para ser avaliado desta parte é obrigatorio entregar o traballo tutelado.

A parte teórica da materia será avaliada mediante a realización dun exame, nas datas oficiais de primeira e segunda oportunidade aprobadas pola Xunta de Facultade e supón o 50% da nota.

A cualificación final será o resultado da media das dúas partes (teórica e práctica) A nota mínima para superar cada unha das partes é un 5 (aprobado)

No caso de non superar unha das partes na primeira convocatoria, gardarase a nota da parte superada para a segunda oportunidade.

ALUMNADO CON DISPENSA Ou RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL:

Aqueles/os alumnos/as con dispensa ou recoñecemento de dedicación a tempo parcial deberán contactar coa profesora responsable da materia ao comezo de curso, para comunicar a súa situación.

- A parte práctica será avaliada mediante a realización dun traballo tutelado de maneira individual (25%) e actividades prácticas adaptadas á non presencialidad (25%) que a profesora porá á súa disposición na aula virtual. Tanto o traballo como as actividades prácticas deberán ser entregadas na data do exame oficial da materia.

- A avaliación dos contidos teóricos , será igual que a do alumnado presencial.

SEGUNDA OPORTUNIDADE: As condicións serán as mesmas que na primeira convocatoria.

ALUMNADO ADI: Tanto nos contidos como no sistema de avaliación atenderanse ás recomendacións de axustes razoables propostas pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI) no caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE, proporcionadas pola Coordinación do PAT do centro.

CONVOCATORIA ADIANTADA: As condicións de avaliación para o alumnado de convocatoria adiantada, serán un exame con contidos teóricos e prácticos a disposición do alumnado na aula Virtual, que suporá o 100% da nota.

ALUMNADO DE PROGRAMAS DE INTERCAMBIO: O sistema de avaliación será o mesmo que para o resto de estudantes.

OUTRAS OBSERVACIÓNS:

Os materiais utilizados nas sesións: presentacións, audiovisuais, lecturas e prácticas serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a través da aula Virtual.

Os traballos e prácticas entregaranse a través da aula Virtual, seguindo as instrucións da profesora.

Copiar ou tentar copiar nun exame así como plagiar partes dun traballo ou o traballo completo, supón suspender a materia (Artigo 14, punto 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario, UDC)

As actividades do taller, o traballo deben ser entregadas nas datas estipuladas pola docente, así como a asistencia ao exame deberá realizarse na data oficial aprobada en Xunta de Centro, só poderán modificarse de acordo aos supostos do artigo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dúas estudos de grao e mestrado universitario, UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes