Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da comunicación e da opinión pública
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución á socioloxía/615G01103
Métodos e técnicas de Investigación social/615G01105
Teoría sociolóxica 1/615G01110
Teoría sociolóxica 2/615G01203
Estrutura e cambio social/615G01208

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Socioloxía do consumo e investigación de mercados/615G01309

Materias que continúan o temario
Análise sociolóxica de textos e discursos/615G01407
Fontes de datos secundarios para o estudo da sociedade/615G01408

Observacións

O alumnado deberá revisar periodicamente a plataforma virtual e consultar os documentos e actividades propostos.

A profesora comunicarase co alumnado a través da aula Virtual ou do correo electrónico da UDC.

A comunicación coa profesora deberase realizar mediante as canles institucionais e utilizando o correo electrónico da universidade.

Nesta materia: 

  • Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  • Terase en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • De acordo coas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, débese incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (utilizarase unha linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e autoras, fomentarase a intervención en clase de todos os estudantes, etc. Farase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e incidirá na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Así mesmo, respectarase o dereito á identidade de xénero.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que, por motivos físicos, sensoriais, psíquicos ou socioculturais, experimente dificultades para un acceso adecuado, igualitario e rendible á vida universitaria.
  • Sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas ao redor dos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes