Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Análise de políticas públicas
   Contidos
Temas Subtemas
LECCION 1. A ANALISE DAS POLÍTICAS PÚBLICAS. As Políticas Públicas e as transformacións do Estado do Benestar. A "Ciencia das Políticas Públicas". Principais correntes de análise. Definición de "política pública". O ciclo de vida das políticas públicas: o modelo de fases. A dimensión de contido ou substantiva. A dimensión operativa ou instrumental das políticas. A teoría da análise das políticas públicas e as políticas públicas sectoriais.
LECCION 2. FORMULACIÓN DE POLÍTICAS PÚBLICAS: OS PROBLEMAS PÚBLICOS. A definición dos problemas. A construción social dos problemas públicos. Actores institucionais e non institucionais na formulación das políticas públicas. Legitimación das políticas públicas. Cultura política, valores e ética pública.
LECCION 3. A AXENDA DA ACTUACIÓN DOS PODERES PÚBLICOS. A inclusión dos problemas na axenda de actuación dos poderes públicos. Axenda sistémica e axenda institucional. Os actores que interveñen na formación da axenda: as redes de políticas. Factores que interveñen na formación da axenda.
LECCIÓN 4. A DECISIÓN PÚBLICA. As propostas de análises de Simon e Lindblom: a racionalidade limitada e a "ciencia de saír do paso". Modelos racional-exhaustivos. Modelos incrementales. A fixación de obxectivos como elemento central do proceso político.
LECCION 5. A IMPLEMENTACIÓN DAS POLÍTICAS PÚBLICAS O concepto de implementación. O problema da implementación. Enfoques teóricos e analíticos sobre a implementación das políticas públicas. Os actores: a organización das Administracións Públicas; burocracia e principio de discrecionalidad; outros actores institucionais e non institucionais. As relacións: formación de redes; xogos e estratexias; as relacións intergobernamentais.
LECCIÓN 6. A AVALIACION DAS POLÍTICAS PÚBLICAS. As orixes da avaliación de políticas. Avaliación e control. O orzamento como ferramenta de control. A ampliación do ámbito da avaliación: multiplicidad de intereses e criterios de avaliación. Clases de avaliación. A avaliación clásica por obxectivos: a fixación de indicadores; métodos experimentais e case-experimentais. A avaliación participativa: avaliación clásica vs. avaliación participativa. Modelos de avaliación participativa. Avaliación E calidade dos servizos públicos.
LECCIÓN 7. A TERMINACIÓN DE LAS POLITICAS PÚBLICAS. O final do ciclo de vida das políticas públicas. Dificultades para asegurar a terminación da política pública. Deseño de estratexias para asegurar a terminación e a sucesión de políticas.
LECCIÓN 8. POLÍTICAS PÚBLICAS SECTORIAIS I. As políticas públicas en España: marco conceptual. As políticas do estado de Benestar. Estado Autonómico e políticas públicas: o estilo de formación de políticas nun marco político descentralizado.
LECCIÓN 9. POLÍTICAS PÚBLICAS SECTORIAIS II. Estudos de caso. As políticas de protección social. Políticas de saúde. Políticas de educación. Políticas de intervención na economía. Políticas de igualdade de xénero. Políticas de inmigración. Políticas lingüísticas. Políticas ambientais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes