Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Historia das ideas e formas políticas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia das ideas e formas políticas Código 615G01402
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Cardesin Diaz, Jose Maria
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
Profesorado
Cardesin Diaz, Jose Maria
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
Web http://https://www.udc.es/gl/get/membros/CARDESIN/
Descrición xeral Cal é o obxecto dunha historia das ideas políticas? Cal a relación entre as ideas desas minorías que quedan plasmadas en textos escritos, e as ideas da maioría da poboación, que en boa medida apóianse en textos orais ou de natureza audiovisual? Cal o papel que xogan os cambios nas tecnoloxías da información e a comunicación? Como se conxugan tradición e innovación no campo das ideas que gobernan a unha sociedade? En cada unha das unidades temáticas, o estudo de textos e situacións de épocas pasadas serviranos de pretexto para abordar problemas similares que están presentes nas sociedades contemporáneas. Cada época ou problema exemplificarase nunha cidade concreta. A fin de entender as implicacións que supoñen as circunstancias da época romana, medieval, barroca, ilustrada o contemporánea, visitaremos cidades como Atenas, Roma, Londres, París ou Xerusalén... dun xeito virtual, a través de audiovisuais ou de aplicacións como Google Earth. Faremos o mesmo con cidades galegas como Lugo, Santiago de Compostela ou Ferrol, onde poderemos constatar como se plasmaron localmente as novidades ensaiadas en aquelas cidades globais. Finalmente, faremos unha visita guiada, esta vez presencial, pola cidade da Coruña.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Discusión dirixida (computa na avaliación) - Lecturas -traballo por grupos- (computa na avaliación) - Traballos tutelados –individuais- (computa na avaliación) - Proba obxectiva (computa na avaliación) - Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas - Moodle: diariamente. Dispoñibilidade de lecturas e formularios, e entrega de tarefas. - Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos, a discusión dirixida, o debate sobre as lecturas e a exposición oral dos traballos de grupo sobre as devanditas lecturas, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión semanal en horario de titorías, en pequeno grupo, para resolver todo tipo de dúbidas e asesorar na realización dos traballos individuais e de grupo. 4. Modificacións na avaliación A) Alumnado con dedicación completa: Mantéñense as metodoloxías e o seu peso na avaliación. B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia Realización de exame final vía Moodle. C.- Requisitos para superar a materia: - Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. - Entregar e expor os traballos tutelados na data que se indique. - Realización obrigatoria do exame final vía Moodle. - A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Todas as lecturas obrigatorias están dispoñibles no Moodle. Manterase a filmografía a que se poida acceder online, ou aquela que se difunda a través das sesións docentes en Teams.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes