Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Historia das ideas e formas políticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A3 A9 A10 A11 B5 B25 Baseado na avaliación permanente realizada polo profesor a partir da participación activa por parte dos alumnos e na reflexion colectiva en torno as lecturas obrigatorias 10
Lecturas A3 A9 A10 A11 B3 B5 B12 B25 Baseado na avaliación realizada polo profesor a partir da exposicion en grupo por parte de 2 alumnos dalgunha das lecturas obrigatorias. 15
Proba obxectiva A3 A9 A10 A11 A17 A24 B3 B5 B25 A avaliación basearase nun exame por escrito a final de curso, en torno á materia impartida nas aulas e aos textos de lectura obrigatoria. O exame basearase en preguntas teóricas e de comentario de texto. É imprescindible aprobar o exame escrito para superar a materia 65
Traballos tutelados A17 A24 B3 B5 Todos os alumnos deberan, de maneira obrigatoria, asistir a unha representacion ritual de caracter relixioso, e entregar dun xeito individualun informe de 4 paxinas sobre o devandito ritual. Estes informes seran debatidos dun xeito conxunto nunha aula que tera lugar en torno a segunda semana de novembro 10
 
Observacións avaliación

As cualificacións finais serán o resultado da suma de 2
bloques de notas:

a.- A proba obxectiva, que estará baseada nun exame por
escrito ao final do curso, e que aportará o 65% da nota. Será imprescindíbel aprobar este exame para poder aprobar a materia.

b.- A participación activa en clase: discusión dirixida,
estudo de casos, reflexion sobre as lecturas (e no seu caso exposicion das lecturas con cargo a grupos) e traballo obrigatorio sobre un ritual, que
aportarán conxuntamente o 35% da nota

Caso de que o estudante non se presentase a/non superase o exame na convocatoria de xaneiro, as cualificacións correspondentes a este segundo concepto (participación activa en clase) gardaranse para a convocatoria de xullo.

UNICAMENTE para
aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación final
dependerá exclusivamente da proba obxectiva baseada nun exame por escrito ao
final do curso, que aportará o 100% da nota.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes