Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Metodoloxía da investigación etnográfica
   Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1º. O TRABALLO DE CAMPO
EN ETNOGRAFIA ANTROPOLOGICA

TEMA 2º. A OBSERVACIÓN PARTICIPANTE

TEMA 3º. INVESTIGACIÓN-ACCIÓN E OUTRAS ESTRATEXIAS DE OBSERVACIÓN

TEMA 4º. A ENTREVISTA EN ETNOGRAFÍA E AS NARRATIVAS LOCAIS. INTERPRETAR TEXTOS E ACCIÓNS RITUAIS.

TEMA 5º. OUTROS METODOS COMPLEMENTARIOS. FONTES E REXISTROS.

TEMA 6º. PROCESO DE ANALISIS E ESCRITURA ETNOGRÁFICA
DO TEMA 1º. O traballo de campo: identificación e comprensión da complexidade sociocultural a través da experiencia convivencial prolongada.. A etnografía como proceso interactivo e reflexivo. O deseño e as reconsideracións da investigación. Fases do traballo de campo.

DO TEMA 2º. Participar para observar e aprender a observar. Vantaxes da o.p. e inconvenientes. Acceso ao campo e relacións. A dispoñibilidade e a redución da reactividade. Técnicas e estratexias na o.p. A etnografía multisituada ante os procesos da globalización. O rexistro e organización da información: útiles e procedementos.

DO TEMA 3º La participación observante.
Outras estratexias de observación.
Investigación-acción participativa, ou "colaboración participante".
Orientacións e lóxicas destas prácticas de investigación.
O estudo de caso en etnografía. O método "Time Allocation"

DO TEMA 4º. As narrativas e o seu rexistro. Discursos e narratividade. Interpretar textos e representacións. A entrevista etnográfica na era da globalización. Indagación dos valores e coñecementos. Tipos de entrevistas segundo obxectivos de investigación. Estruturas e estratexias do proceso de entrevista.

DO TEMA 5º. O método biográfico en antropoloxía. O método xenealóxico. Documentos e rexistros de interese etnográfico, e técnicas para o seu aproveitamento. O método combinatorio en antropoloxía. Fichas persoais e fichas domésticas. A fotografía e o filme etnográfico.

DO TEMA 6º. Análise interpretativa dos datos en antropoloxía. A etnografía como produto: escritura antropolóxica e redacción de informes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes