Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Crecemento e desenvolvemento económico
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Crecemento e desenvolvemento económico Código 615G01404
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Martin Palmero, Federico Guillermo
Correo electrónico
f.g.martin@udc.es
Profesorado
Martin Palmero, Federico Guillermo
Correo electrónico
f.g.martin@udc.es
Web
Descrición xeral Este curso consolida a aprendizaxe da Economía estudada no primeiro curso, permitindo que o/a alumno/a amplíe a súa formación a través do estudo dos principais modelos que explican o crecimento e o desenvolvemento económico a nivel teórico e empírico. Afondarase especialmente nas teorías mais actuais do desenvolvemento sostible.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As mesmas que na docencia presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. - Titorías por correo electrónico. Co obxecto de levar a cabo unha debida organización, procurarase que se fagan coincidindo co horario programado para as titorías presenciais. - Moodle Os temas, materiais, apuntamentos, etc. que serviran para desenvolver a aprendizaxe da materia serán de uso híbrido, tanto para o ensino presencial como de forma virtual. - Teams As sesións maxistrais levaranse a cabo mediante esta ferramenta, procurando a coincidencia co horario das clases presenciais. Poderán programarse sesións especiais para traballos tutelados, discusións, etc. 4. Modificacións na avaliación Non se modifica. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas pautas que para a avaliación presencial. Porén, a asistencia (minimo permitido 80%) verificarase tanto nas sesións presenciais (até que as houbera) como nas virtuais. Todo o sistema de avaliación levarase a cabo a través da plataforma Moodle. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes