Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Crecemento e desenvolvemento económico
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A14 A23 Esta proba representará o 40% da nota final. En caso de superar a avaliación nos restantes apartados, o/a alumno/a pode quedar exento da realización desta proba.
40
Sesión maxistral A6 A14 É indispensable asistir as clases para o correcto seguimento do curso. Valorarase, ademáis da asistencia, a participación activa nas discusións dirixidas programadas, asi como a resolución dos supostos prácticos que se vaian planificando ao longo do curso.
Na medida do posible programaranse diversas actividades, especialmente a través de charlas, seminarios e intervencións de diversos especialistas na materia, externos á Facultade (empresas, entidades e administracións públicas)
40
Traballos tutelados A14 A23 Estes traballos representarán o 20% da nota final. Teranse en conta na súa valoración a capacidade de recopilación, a de síntese, a aportación persoal e o rigor e a actualización das fontes utilizadas. O prazo e o modo de entrega serán de obrigado cumprimento. Non se admitirán excepcións.
20
 
Observacións avaliación

1.- De acordo co establecido no Artigo 7.5 da Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos        estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello Social o 4 de maio de 2017), non se admite a dispensa de asistencia a clase nesta materia. As actividades de docencia presencial do curso abarcarán clases teóricas e clases prácticas. 

2.- Os criterios de avaliación do alumnado con dedicación a tempo parcial e de convocatoria extraordinaria serán os mesmo que os do resto dos/as alumnios/as.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes