Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Globalización, medio ambiente e poboación
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á socioloxía ambiental A crise ecolóxica global e a situación ecosocial de Galicia; principais problemas e retos ambientais; historia das problemáticas e políticas ambientais; a cuestión da escala de análise: do buraco de ozono ao cambio climático; o tema ambiental en Socioloxía; xurdimento do paradigma socioambiental nos 70; formas de aproximación ás relacións sociedade-ambiente (determinismo, posibilismo, materialismo, funcionalismo, estruturalismo, post-estruturalismo, ecoloxía humana, ecoloxía cultural, ecoloxía social, posmodernismo, xiro ontológico); diálogo con outras disciplinas: a antropoloxía ambiental e a ecoloxía política.
Tema 2. Fundamentos socioeconómicos da explotación do medio Análise da relación economía – sociedade - medio ambiente; fractura metabólica; formas de organización social e relación co medio baixo o capitalismo; neoliberalismo e capitalismo verde; extrativismo; cambio climático e cambio global; políticas de conservación; desarrollo sostible e pegada ecolóxica; Exemplos prácticos.
Tema 3. Coñecer o medio, gobernar o medio Historia do dualismo sociedade - natureza; construción de categorías naturais; distintas formas de coñecemento ambiental; coñecemento tradicional vs. coñecemento experto; coñecemento-poder na tradición pos-estructuralista e a súa importancia para a socioloxía ambiental; coñecemento político e formas de goberno; o rol da ciencia e a tecnoloxía na crise ecolóxica; Exemplos prácticos.
Tema 4. Medio ambiente e cambio social Desenvolvemento do ambientalismo e o ecologismo; tipos de valores e éticas ambientais; tipos de conflitos ambientais e de movementos sociais; dereitos civís e dereito á natureza; dereitos da natureza; ecofeminismos; axenda da xustiza ambiental (distribución, recoñecemento, participación cidadá). Exemplos prácticos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes