Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Globalización, medio ambiente e poboación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Obradoiro Sesións prácticas nas que os estudantes traballarán baixo a atención personalizada do docente. Consistirán en definir e elaborar cada un das partes do traballo a entregar para a avaliación da materia. Manexaranse tanto técnicas cuantitativas como cualitativas. O obxectivo é elaborar un informe final con resultados empíricos de elaboración primaria.
Análise de fontes documentais Comentario crítico e debate na aula, sobre fontes documentais (lecturas, documentos audiovisuais, información estatística,...) recomendados pola profesora para cada tema.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo que conteña as partes dunha investigación social aplicada. O traballo entregarase en papel e exporase oralmente na aula.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes