Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Globalización, medio ambiente e poboación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A8 A14 A17 B1 B3 B16 B26 C1 A avaliación consistirá na realización dun traballo teórico e empírico sobre un tema relacionado cos contidos do programa. As clases interactivas (obradoiros) da materia utilizaranse para explicar e elaborar cada unha dos seus partes coa tutorización personalizada da docente, polo que a asistencia e obrigatoria. O traballo debe ser individual, entregarase en papel e exporase na aula.
80
Análise de fontes documentais A4 A8 A14 B3 B16 B26 C1 A avaliación consistirá na realización de actividades prácticas, baseadas na análise crítica das fontes documentais recomendadas pola profesora. Estas actividades realizaranse fundamentalmente na aula, polo que é precisa a asistencia a clase. 20
 
Observacións avaliación

A avaliación consistirá en:

- A realización dun traballo teórico e empírico sobre un tema relacionadocos contidos do programa. As clases interactivas (obradoiros) da materia utilizaranse para explicar e elaborar cada unha dos seus partes coa titorización personalizada da docente (polo que é obrigatoria a asistencia). O traballo deber ser individual, entregarase en papel e exporase oralmente na aula. (80% da nota)

- A realización de actividades prácticas, baseadas na análise crítica das fontes documentais recomendadas pola profesora, (20% da nota) Estas actividades realizaranse fundamentalmente na aula, polo que é precisa a asistencia a clase.

A asistencia é obrigatoria polo que non se pode faltar a mais de tres clases sen xustificación. 

Observación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:O/a alumno/a deberá porse en contacto coa profesora. Na primeira e segunda oportunidade oscriterios de avaliación rexeranse de acordo á realización dun traballo teórico (recensión/análise crítica de lecturas indicadas pola profesora) e práctico (realización do traballo de investigación) e na que o/a alumno/a terá  que demostrar alcanzar as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia. O traballo teórico terá un peso do 20% e o práctico do 80%, é obrigatoria a realización de ambos traballos para superar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes