Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Globalización, medio ambiente e poboación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A4 A8 A14 A17 B1 B3 B16 B26 C1 Realización dun traballo teórico sobre un tema relacionado cos contidos da materia. Este trabajo consistirá na elección dun tema pertinente, revisión bibliográfica en profundidade, definición do estado da cuestión, identificación de problema de investigación e hipótese, e redacción de preguntas de investigación. A idea global é que o resultado deste traballo individual poida servir para o desenvolvemento dun proxecto de investigación de base empírica.

O tema será de libre elección por parte do alumno/as, previa consulta co profesor da materia.

Para a avaliación do traballo, terase en conta:

• Asistencia: As clases interactivas da materia utilizaranse para explicar e elaborar cada unha das partes do traballo coa tutorización personalizada do docente. Por tanto, a asistencia é obrigatoria para a correcta elaboración do traballo.

• Exposición oral: Os traballos serán expostos en decembro. A súa duración non debe superar os 15 minutos. Para a exposición pódense utilizar as técnicas de apoio que o/a alumno/a considere oportunas.

• Traballo escrito: Entregarase en papel, debidamente encadernado como data máxima o día do exame oficial.
Instrucións específicas para a realización do traballo escrito: Constará dun traballo escrito centrado en unha temática relacionada cos contidos da materia. O traballo consistirá nunha revisión bibliográfica en profundidade, utilizando diversas fontes documentais (bibliografía académica, datos secundarios, publicacións oficiais) e a elaboración dun estado da cuestión baseada na literatura existente, a identificación dunha problemática de investigación específica así como dunha ou varias hipóteses que a sustenten e unha serie de preguntas de investigación que puidesen dar pé, nun futuro, a un proxecto de investigación empírico. Este traballo é por tanto de revisión e análise teórica. O criterio de calidade para a avaliación deste traballo é que sexa de suficiente calidade e especificidade, para que dese lugar a un proxecto de investigación empírico, tanto cualitativo cuantitativo ou mixto. Ofrecerase información adicional ao longo do curso.

Estrutura do traballo escrito:

- Introdución e xustificación do obxecto de estudo
- Estado da cuestión
- Hipótese e preguntas de investigación
- Obxectivos e breve formulación dun proxecto de investigación
- Bibliografía
- Anexos
80
Análise de fontes documentais A4 A8 A14 B3 B16 B26 C1 Realización de análise crítica das fontes documentais recomendadas polo profesor. Estas actividades realizaranse fundamentalmente na aula, polo que é precisa a asistencia a clase. 20
 
Observacións avaliación

A avaliación consistirá en:

(NOTA: A asistencia é obrigatoria
polo que non se pode faltar a máis de tres clases sen xustificación)

TRABALLO INDIVIDUAL (80%)

Realización dun traballo
teórico sobre un tema relacionado cos contidos da materia. Este trabajo
consistirá na elección dun tema pertinente, revisión bibliográfica en
profundidade, definición do estado da cuestión, identificación de problema de
investigación e hipótese, e redacción de preguntas de investigación. A idea
global é que o resultado deste traballo individual poida servir para o
desenvolvemento dun proxecto de investigación de base empírica.

O tema será de libre
elección por parte do alumno/as, previa consulta co profesor da materia.

Para a avaliación do
traballo, terase en conta:

·      Asistencia: As clases interactivas da materia utilizaranse para
explicar e elaborar cada unha das partes do traballo coa tutorización
personalizada do docente. Por tanto, a asistencia é obrigatoria para a correcta
elaboración do traballo.

·      Exposición oral: Os traballos serán expostos en decembro. A súa
duración non debe superar os 15 minutos. Para a exposición pódense utilizar as
técnicas de apoio que o/a alumno/a considere oportunas.

·      Traballo escrito: Entregarase en papel, debidamente encadernado como
data máxima o día do exame oficial.

Instrucións específicas para
a realización do traballo escrito: Constará dun
traballo escrito centrado en unha temática relacionada cos contidos da materia.
O traballo consistirá nunha revisión bibliográfica en profundidade, utilizando
diversas fontes documentais (bibliografía académica, datos secundarios,
publicacións oficiais) e a elaboración dun estado da cuestión baseada na
literatura existente, a identificación dunha problemática de investigación
específica así como dunha ou varias hipóteses que a sustenten e unha serie de
preguntas de investigación que puidesen dar pé, nun futuro, a un proxecto de
investigación empírico. Este traballo é por tanto de revisión e análise
teórica. O criterio de calidade para a avaliación deste traballo é que sexa de
suficiente calidade e especificidade, para que dese lugar a un proxecto de
investigación empírico, tanto cualitativo cuantitativo ou mixto. Ofrecerase
información adicional ao longo do curso.

Estrutura do traballo
escrito:

- Introdución e xustificación do obxecto de estudo

- Estado da cuestión

- Hipótese e preguntas de investigación

- Obxectivos e breve formulación dun proxecto de
investigación

- Bibliografía

- Anexos

ANÁLISE DE FONTES
DOCUMENTAIS (20%)

Realización de análise crítica das fontes documentais
recomendadas polo profesor. Estas actividades realizaranse fundamentalmente na
aula, polo que é precisa a asistencia a clase.

 

Observación para o alumnado con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia
O/o alumno/a deberá porse en contacto co profesor canto antes.  Na
primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexeranse de acordo
á realización dun traballo teórico (recensión/análise crítico de lecturas
indicadas polo profesor) e práctico (realización do traballo de investigación
bibliográfica) e na que o/o alumno/na terá que demostrar alcanzar as
competencias e os resultados de aprendizaxe da materia. O traballo teórico terá
un peso do 20% e o práctico do 80%, é obrigatoria a realización de ambos
para superar a materia. O profesor porá en práctica diversas estratexias de
acordo ás necesidades que se expoñan para facilitar ao alumnado nestas
circunstancias o seguimento activo da materia e a súa atención personalizada.