Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Proxeccións de poboación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxeccións de poboación Código 615G01411
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Domínguez Rodríguez, Antía
Correo electrónico
a.drodriguez@udc.es
Profesorado
Domínguez Rodríguez, Antía
Correo electrónico
a.drodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral As proxeccións demográficas poden tomarse como un "laboratorio" no que poden poñerse a proba hipótese de crecemento de poboacións concretas. A través desta materia o alumno aprenderá a realizar proxeccións de poboación, empregando unha metodoloxía consistente en proxectar por separado cada unha das variables que inciden no crecemento da poboación e, a continuación, aplicar os resultados desas proxeccións a unha poboación inicial, para observar os seus efectos na evolución futura do seu volume e da súa composición por sexo e idade. O obxectivo da materia é lograr que os estudantes aprendan a facer análises proyectivos, mediante o establecemento de hipóteses razoadas sobre a evolución da natalidade, a mortalidade e as migracións. Os resultados permitirán aos alumnos avaliar o alcance de cambios no comportamento demográfico da poboación así como analizar as medidas de políticas sociais que están vinculadas a estes cambios.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesións maxistrais - Lecturas - Prácticas a través de TIC - Portafolios do estudantado *Metodoloxías docentes que se modifican - A presentación de lecturas (voluntaria) realizarase de maneira virtual. - De ser necesario, a proba obxectiva substituirase por un traballo tutelado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: diariamente, para consultas, dúbidas e seguimento dos elementos de avaliación. - Moodle: diariamente, para seguimento da materia. - Teams: 1 sesión de clase maxistral/clase práctica á semana. 1 titoría grupal á semana. 4. Modificacións na avaliación De ser necesario, a presentación de lecturas (voluntaria) se realizaría de maneira virtual e a proba obxectiva se substituiría por un traballo tutelado. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Toda a bibliografía estará dispoñible de maneira dixital.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes