Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Estrutura e cambio social de Galicia
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Estrutura e cambio social de Galicia Código 615G01412
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Calo Garcia, Estefania
Correo electrónico
estefania.calo@udc.es
Profesorado
Calo Garcia, Estefania
Correo electrónico
estefania.calo@udc.es
Web http://www.sociologia.udc.gal
Descrición xeral O/a estudante, chegado/a a 4º curso, ten traballado moitos dos elementos que constitúen os contidos propios dunha Estrutura e Cambio Social de Galicia, polo que debe poder responder a preguntas de investigación que requiren dunha resposta traballada. O obxectivo principal desta materia é, por tanto, que o/a estudante saiba desenvolver unha metodoloxía de traballo que integre moitas das competencias e coñecementos xa aprendidos noutras materias, nun marco conceptual axeitado á realidade sociolóxica de Galicia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non hai. 2. Metodoloxías docentes que se manteñen: traballo de curso e presentación online do mesmo. Presentación online da lectura individual. *Metodoloxías docentes que se modifican: a asistencia e participación nos seminarios serán cambiadas pola docencia a través de Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Ferramenta: mail, Campus Virtual, Teams Temporalización: en horario de titorías que aparecerán na web a principio de curso. 4. Modificacións na avaliación: a asistencia aos seminarios e participación nos debates será modificada pola avaliación dos resumos das lecturas obligatorias. 50%: traballo de curso e presentación online do mesmo 50%: resumo de lecturas e presentación da lectura individual. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non hai.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes