Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Estrutura e cambio social de Galicia
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación por parte do profesor dos contidos teórico/prácticos xerais, más suliñables e necasarios para comprender a asignatura e para levar a cabo o traballo de investigación.
Discusión dirixida Nesta parte da asignatura tamén se procura fomentar o traballo e espírito de equipo, noutras palabras, desenvolver a chamada intelixencia social; de xeito que o alumnado poda ver por sí mesmo as ventaxes de xuncir esforzos, fronte á empresa individual. Para acadar isto, así como para o conxunto da asignatura, se presenta o contido referido á parte práctica, no que tamén resulta fundamentel a discusión dirixida, tanto nas clases como nas titorías.
Polo tanto, a asistencia e participación estímanse fundamentais no plantexamento da asignatura. Un dos obxectivos principais de calquera plantexamento didáctico debería conseguir a máxima implicación posible por parte do alumnado. E uns bos indicadores da mesma son, sen dúbida, a asistencia e a participación dos alumnos no desenvolvemento das clases, no ensino e na aprendizaxe. Por un lado, unha asistencia non coercitiva, senón acadada a traveso de despertar o interese e, polo tanto, o seguimento voluntario da asignatura. Asimesmo, a participación tamén supón un valor a fomentar e acadar no desenvolvemento destas clases, que os alumnos participen, ben facendo preguntas, debatindo, pedindo máis información, nas titorías, etc. En definitiva, estamos a falar da importancia que ten o traballo participativo do alumnado nas clases.
Lecturas Os textos fundamentais relacionados coa asignatura, así como aqueles outros que polo seu interese e/ou súa actualidade sexan recomendables para dotar ao alumnado dun marco teórico máis fornecido e completo, así como para darlles unha maior profundidade e especialización no ámbito da materia serán tamén tidos en conta entre o material a empregar nas clases. Sobre todo, con estas lecturas se busca que o alumnado coñeza, se informe, reflexione e dé o seu punto de vista sobre ditos contidos. Para estas lecturas, o alumnado tamén poderá apoiarse na bibliografía referenciada, así como noutras fontes de información que poidan ser útiles.
Traballos tutelados Cara ao traballo de investigación, o curso terá un calendario de entregas das sucesivas fases do mesmo: proxecto, marco teórico, parte empírica e análises.
Estas partes teñen adicada a parte práctica da asignatura, desenvolvéndose mediante as correspondentes titorías.
Estas partes ou traballos terán un calendario de entregas, que serán en formato arquivo, perante correo electrónico.
Investigación (Proxecto de investigación) Básicamente a asignatura xira en torno a elaboración dun traballo teórico-práctico sobre a sociedade galega, no que se pretende recoller os coñecementos adquiridos, así como as habilidades do estudante e as súas aportacións. Constituindo en conxunto a proba ou demostración do saber facer polo que vai a ser avaliado principalmente.
No plantexamento desta asignatura esta parte conta cun interese e obxectivo especial, que o alumnado acade -na medida do posible- unhas habilidades para o correcto desenvolvemento dun oficio ou dunha parte do mesmo. É dicir, o que se pretende no plantexamento práctico explicitado é ensinar aos alumnos a traballar como sociólogos nun ámbito concreto como é o da materia a impartir, entendido no sentido de análise, diagnóstico e/ou tratamento das situacións, problemas e demáis feitos que afectan ás diversas formas da organización e o sistema social, neste caso da sociedade galega.
Este traballo entregarase ao final do cuatrimestre en formato arquivo adxunto a través de correo electrónico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes