Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Estrutura e cambio social de Galicia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A3 A8 Do explicitado na parte teórica da asignatura, haberá que integralo no traballo co que se avalía principalmente a asignatura 15
Lecturas A17 B3 B5 B6 O seguimento, ampliación e capacidade de profundización nos temas explicitados nas sesións maxistrais veranse reflectidas polos textos e lecturas que leve a cabo o alumnado e que podan ser repercutidas e avaliadas no traballo teórico-práctico 15
Discusión dirixida B3 B6 B13 C4 As clases, tanto na súa parte TEÓRICA como na parte PRÁCTICA, están deseñadas para facilitar a participación do alumnado e para plantexar cuestións e debates nos que o alumnado opine, se implique e mostre interese polos contidos da asignatura. Ese interese e a participación serán tidas en conta na avaliación. 10
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A3 A8 A15 A17 B3 B5 B6 B13 Esta é a parte máis importante e significativa da asignatura, na que se pretende mixturar e aplicar os coñecementos teóricos coa súa aplicación práctica ao estudo da realidade social, neste caso da sociedade galega.
Neste apartado, polo tanto, o alumnado terá que demostrar as súas destrezas tanto en materia de coñecementos adquiridos como da súa valía investigando.
No traballo de investigación se pretende reflexar o resultado da asignatura, nas súas diferentes fases, metodoloxías, contidos e avaliacións (desde as clases maxistrais, ata o estudo de casos ou lecturas), o na que o alumnado deberá recoller os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como a procura doutra que sirva para o propósito da investigación a realizar.
40
Traballos tutelados A17 B3 B5 B6 B13 De cara ao proxecto da investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega.
20
 
Observacións avaliación
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilitade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación.

A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico sobre a sociedade galega ou algún aspecto da mesma. Sendo a participación, o interese mostrado e a asistencia ou outros pilares da asignatura.

En principio, o traballo vai a ser igual para todos os alumnos: conseguir a mellor descripción da sociedade galega. Admitíndose outras propostas, ben polo seu interese, innovación, circunstancias, etc. Tamén poderá ser individual ou colectivo, ponderándose a avaliación en base ao número de autores.

Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.

Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.

Para o resto de convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico.

O traballo participativo e a asistencia so serán válidas para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.

Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes