Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Estrutura e cambio social de Galicia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A1 A3 A8 Consiste na primeira formulación da resposta á pregunta de traballo que se plantexa o primeiro día de clase. Lóxicamente, o importante non é que a resposta sexa ou non correta, senón valorar a asistencia e a participación desde o comezo 5
Lecturas A2 A1 A3 A8 B3 B5 B13 C4 A comprensión das lecturas, a capacidade de síntese, a análise crítica, a súa aplicación a casos concretos, etc., será o que se valore. Todo esto poñeráse de manifesto ao longo do seminario e nas exposicións orais (tanto da propia lectura particular como da solución do problema). 25
Solución de problemas A15 A17 B6 B13 B21 A diversidade de fontes (se for o caso), que estas sexan as axeitadas, do tipo de información, o traballo de elección dos indicadores necesarios, etc. para dar resposta cumprida á pregunta de traballo, será o que se teña en conta para avaliar esta metodoloxía. 40
Presentación oral B3 B5 B6 B13 Valoraráse a calidade da exposición (xa sexa da lectura, xa a da solución ao problema), o fío argumental, o apoio dos datos, o emprego axeitado de materiais audiovisuais, etc. 15
Seminario A1 A8 A17 B3 B5 B6 B13 A participación no seminario aportando ideas, suxerindo, plantexando, criticando ou debatindo é unha parte salientable da calificación final 15
 
Observacións avaliación

A materia está deseñada para que calquera estudante cunha asistencia e participación normal nas aulas e cun mínimo de traballo continuado poda superala na primeira oportunidade sen problemas.
Se for o caso dalgún/ha estudante que non superara a materia en primeira oportunidade,
só terá que presentarse á segunda cos elementos suspensos.
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente. Porén, se hai quen por razóns xustas non puidera asistir ao 70% das aulas, debe plantexalo ao comezo do curso para establecer mecanismos de avaliación alternativos.
Pero se non fose así, é dicir, se aparece algún/ha marciano/a a final de curso ou mesmo a mediados plantexando que non puido asistir á meirande parte das clases, entenderáse que non cumpre os elementos de traballo necesarios para seren avaliados/as e necesariamente suspenderá a primeira oportunidade, tendo que presentarse á segunda oportunidade de xullo estudando todos os textos que compoñen a materia.

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa adicación. ?En caso de non acrordarense uns elementos de avaliación particulares para os/as estudantes a tempo parcial, na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a modalidade de avaliación non continua.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes