Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  A función dos recursos humanos na empresa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) A función dos recursos humanos na empresa Código 615G01414
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Teijeiro, Ariadna
Correo electrónico
ariadna.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodríguez Teijeiro, Ariadna
Correo electrónico
ariadna.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é dotar aos estudantes dos coñecementos que lles capaciten para identificar, xestionar e avaliar a importancia do capital humano na empresa actual. Nesa liña, levarán a cabo o estudo de cómo se integra a función de RRHH na dirección das empresas, así como o deseño e aplicación dos diferentes plans estratéxicos e operativos encamiñados a potenciar o capital humano, tanto dende un punto de vista teórico como práctico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral (non computa na avaliación). - Presentación oral (computa na avaliación). - Obradoiro (computa na avaliación). *Metodoloxías docentes que se modifican: - Ningunha. Tódalas metodoloxías docentes poden manterse nunha situación de continxencia a través dos mecanismos técnicos establecidos para a atención personalizada do alumnado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguemento das actividades prácticas e dos traballos. - Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado para formular consultas, acceder ós materiais necesarios para o desenrolo da materia, así como para a elaboración das actividades prácticas e dos traballos. - Teams: Sesións semanais (tantas como demande o alumnado) para: a/ comprobar o avance nos contidos teóricos da materia; b/ o seguimento e apoio na realización das actividades prácticas e dos traballos. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación: - Ningunha. Se manterá o sistema de avaliación baseado nun 100% na avaliación continua, de maneira que os estudantes serán calificados en base os criterios de avaliación establecidos na Guía Docente: 1) entrega de actividades prácticas e traballos realizados nos talleres sobre os contidos abordados na materia (85% da calificación); b) exposición oral dalgunhas das actividades realizadas (15% da calificación). Asemesmo, se valorará das actividades e traballos presentados: - A profundidade, reflexión e capacidade crítica. - O dominio das fontes utilizadas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. - A ausencia de plaxio no contido. *Observacións de avaliación: - Mantéñense as mesmas que figuran na Guía Docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios xa que os estudantes disporán de todos os materiais necesarios para o desenrollo da materia a través da plataforma Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes