Teaching GuideTerm
Faculty of Sociology
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Acción colectiva e cooperación social
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Acción colectiva e cooperación social Código 615G01416
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Diz Reboredo, Carlos
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
Profesorado
Diz Reboredo, Carlos
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é que o alumnado adquira os coñecementos básicos respecto aos movementos sociais, á acción colectiva e á participación social. Analizaremos as súas historias, as súas tipoloxías, as súas características e os seus repertorios de acción, así como a súa relación cos planos macro, meso e micro dos sistemas sociais. Pensaremos dende o exemplo de loitas, episodios e activismos concretos, reflexionando nos intersticios da estrutura social e dos procesos de subxectivación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos non se modificarían, dado que os materiais serían facilitados polo profesor vía Moodle. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen No caso de sobrevir unha situación de emerxencia e/ou confinamento, manteríanse as metodoloxías existentes, sendo transferidas á súa forma telemática. As lecturas seguirían facéndose na casa, as entregas das probas vía Moodle, e tanto a sesión maxistral como a discusión dirixida manteríanse -cos axustes oportunos- a través de Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado O alumnado será atendido sempre, con independencia das circunstancias. Para esta atención estableceranse titorías a través de correo electrónico e da plataforma Teams. Seguiría empregándose o Moodle para comunicacións e informacións xerais sobre a materia. 4. Modificacións na avaliación Manteríanse as pautas de avaliación. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Nunha situación de excepcionalidade, só se empregarían materiais dispoñibles en formato dixital e atopables na rede. En realidade, estes xa son os usados na forma presencial, e son na súa meirande parte facilitados polo profesor vía Moodle ou dispoñibles na biblioteca.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes