Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da cultura e proxectos socioculturales
   Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. CULTURA, SOCIEDADE E SOCIOLOXÍA: UNHA INTRODUCIÓN 1.1. O concepto de cultura na sociedade e na socioloxía: a cultura como totalidade, como recurso e como proceso
1.2. Socioloxía da cultura e sociedade contemporánea: principais paradigmas e enfoques
1.3. A cultura como obxecto de investigación nas Ciencias Sociais: conceptos e metodoloxías de investigación dun campo en expansión
TEMA 2. TENDENCIAS E TEORÍAS ACTUAIS NA ANÁLISE DA DINÁMICA CULTURAL 2.1. Cambios culturais e sociedades dixitais: da cultura de masas á sociedade cultural
2.2. O proceso de globalización cultural: principais dinámicas e resultados
2.3. ¿Cara a unha cultura híbrida?
TEMA 3. CONSUMO E PRÁCTICAS CULTURAIS: FACTORES E TENDENCIAS 3.1. Consumo e participación cultural: diversidade e desigualdade
3.2. O debate sobre a omnivoridade cultural en España
3.3. A organización social e política da cultura: valor para o uso social e a democratización cultural
TEMA 4. ARTE, CULTURA E INDUSTRIAS CULTURAIS E CREATIVAS NO SÉCULO XXI: PANORÁMICA DENDE A SOCIOLOXÍA 4.1. Da industria cultural ás industrias creativas: balance e perspectivas
4.2. Cultura, patrimonio cultural e turismo: relacións e dilemas
4.3. Estrutura urbana, dinámica cultural e territorio: institucións culturais e mercado de arte dende análise sociolóxica
TEMA 5. CULTURA E PROXECTOS SOCIOCULTURAIS
5.1. Animación sociocultural: principios fundamentais, obxectivos e finalidades en clave sociolóxica
5.2. Proxectos de innovación e creatividade sociocultural: gobernanza e participación local
5.3. Desenvolvemento, cultura e políticas culturais: reflexións e implicacións
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes