Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da cultura e proxectos socioculturales
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura, por parte do alumno, de textos fundamentais ou relaciondos coa materia, de entre os indicados polo profesor e, no seu caso, propostos polo propio alumno
Proba obxectiva Os alumnos haberán de superar un exame nas datas oficialmente establecidas. Dito exame constará de dús partes, unha para a avaliación dos coñecementos adquiridos nas clases presenciais e outra que realizarán apoiados nos resumes das lecturas que levasen a cabo.
Recensión bilbiográfica Os alumnos deberán presentar, antes da celebración do exame, individualmente e por escrito, unha recensión ou análise do contido de catro lecturas ou textos convidos co profesor. Poderán ser citados polo profesor para comentar ditos contidos.
Sesión maxistral É a explicación por parte do profesor dos contidos da materia na aula. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual. As clases son para entender os conceptos e as teorías e plantexar posibles dúbidas sobre os mesmos. Durante o curso poderanse realizar seminarios, conferencias, coloquios e xornadas relacionadas con temas obxecto da asignatura, aos que os alumnos deberán de asistir, existiendo aa posibilidade de que nos exames poídase incluir algúns dos temas tratados en ditas actividades. Así mesmo, e na medida do posible, poderán levarse a cabo viaxes de formación coa visita a proxectos socioculturais en marcha ou xa realizados.
Traballos tutelados Os alumnos, de forma individual ou colectiva (non máis de tres) realizarán un traballo que implique a xénese dun proxecto sociocultural. Estes traballos estarán dirixidos ou tutelados polo profesor. Os traballos servirán para avaliar e, no seu caso, liberar esta parte da materia. A dirección ou tutela efectuarase de forma individual no despacho do profesor ou colectiva nos días de clases non presenciais. Para a elaboración destes traballos os alumnos apoiaranse na bibliografía especializada existente para cada un dos diferentes temas así como en proxectos levados a cabo por distintas institucións. A bibliografía será a que, para cada caso, recomende o profesor ou propoñan os alumnos. Os sistemas para levar a cabo este traballo son o acceso á bibliografía existente sobre a materia, a enquisa, a observación participante, a entrevista en profundidade a diferentes expertos e os grupos de discusión e debate que lles permitan especializarse e coñecer en profundidade a realidade das distintas institucións e organizacións da cultura, o patrimonio, o turismo e a xestión. Dito traballo deberá entregarse antes da celebración do exame.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes