Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da cultura e proxectos socioculturales
   Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada desta materia desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos tutelados contaredes coa presenza do profesor na aula durante as sesións e, ademais, poderedes programar as titorías presenciais que consideredes necesarias no horario que os profesores comunicarán ao comezo de curso. O profesorado tamén estará dispoñible de forma non presencial preferiblemente a través do correo electrónico (e tamén a través da plataforma Moodle).

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha titoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (ambos os) como o exame.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes