Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da cultura e proxectos socioculturales
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A23 A30 A36 B1 B9 B20 B24 Os alumnos deberán superar un exame nas datas oficialmente establecidas. Ten un valor do 40%. 40
Traballos tutelados A18 A22 A23 A30 A34 A35 B24 B21 B20 B18 B14 B13 B12 B10 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C5 C6 C8 Os alumnos, de forma individual ou colectiva realizarán prácticas e un traballo, que se presentará antes da celebración do exame, sobre algún dos temas ou aspectos contidos no programa. Estes traballos estarán dirixidos ou tutelados polo profesor e servirán para avaliar e, no seu caso, liberar esta parte da materia. Teñen un valor do 60%. 60
 
Observacións avaliación

Avaliación continua 

A parte práctica (o conxunto de prácticas e actividades de clase, o traballo grupal, a asistencia e a participación) supoñerá o 60% da cualificación, o exame final o 40%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado.

As prácticas que se realizarán ao longo do cuadrimestre terán un contido variado.

O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC.

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame. 

Avaliación non continua
 

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha titoría para concretar as metodoloxías de avaliación.

A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota).

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame. 

Segunda oportunidade
 

A aqueles que teñan aprobada a parte práctica da materia pero non se presenten ou suspendan o exame teórico da primeira convocatoria gardaránselles as notas da parte práctica pero terán que presentarse a un exame teórico nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade).

Aqueles que teñan que recuperar a parte práctica por suspendela deberán facer o mesmo exame teórico que os seus compañeiros que a teñan superada e ademais responder a unha ou varias cuestións para recuperar a parte práctica (soamente neste caso das dúas partes suspensas, a parte teórica do exame valerá un 60% da nota e a parte práctica un 40%).

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame teórico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes