Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Prácticum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B1 B3 B5 B6 B13 B18 Avaliación da Memoria de Prácticas realizada polo/a titor/a interno/a ou académico/a. 50
Actividades iniciais A15 A16 A17 A18 A19 A21 A22 A26 A29 A30 A32 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B17 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24 B25 B26 B27 C3 C4 C5 C7 Avaliación das prácticas realizada polo/a titor/a externo/a ou profesional. 50
 
Observacións avaliación
O/A titor/a externo/a ou profesional realizará a avaliación do/a alumno/a seguindo a escala de puntuación reflectida no Anexo V do “Procedemento de xestión das prácticas do Grao en Socioloxía da Universidade da Coruña”.

A realización da Memoria de Prácticas ten que seguir ao
detalle o modelo de Memoria presentado no Anexo VIII do “Procedemento de xestión
das prácticas do Grao en Socioloxía da Universidade da Coruña”. A avaliación da
Memoria ten como baremo de puntuación o seguinte:

-Apartado 1:
Descrición concreta e detallada das tarefas desenvolvidas (máximo de 2 puntos).

-Apartado 2: Valoración
das tarefas desenvolvidas e os coñecementos e competencias adquiridas en
relación cos estudos universitarios recibidos (máximo de 2 puntos).

-Apartado 3: Relación
dos  problemas encontrados e do
procedemento seguido para resolvelos (máximo de 1,5 puntos).

-Apartado 4: Identificación
das melloras que, en materia de aprendizaxe, supuxo a estadía de prácticas (máximo
de 2 puntos).

-Apartado 5:
Avaliación final das prácticas e propostas (máximo de 1,5 puntos).

-Calidade da presentación/edición da Memoria: máximo
de 0,2 puntos.

-Calidade da redacción da Memoria:
máximo de 0,8 puntos.

É obrigatorio contar co correspondente Informe do/a tutor/a profesional (50% da calificación) así como facer entrega da Memoria de prácticas (50% da calificación) para poder superar o Prácticum. A cualificación final, polo tanto e nunha escala do 0 ao 10, equivalerá á media aritmética calculada a partir das cualificacións obtidas no Informe do/a tutor/a profesional e Memoria de prácticas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes