Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Prácticum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B1 B3 B5 B6 B13 B18 Avaliación da Memoria de prácticas realizada polo/a titor/a interno/a ou académico/a. 50
Actividades iniciais A15 A16 A17 A18 A19 A21 A22 A26 A29 A30 A32 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B17 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24 B25 B26 B27 C3 C4 C5 C7 Avaliación das prácticas realizada polo/a titor/a externo/a ou profesional. 50
 
Observacións avaliación
O/A titor/a externo/a ou profesional
realizará a avaliación do/a alumno/a seguindo a escala de puntuación reflectida
no Anexo VI do “Procedemento de xestión das prácticas do Grao en Socioloxía da
Universidade da Coruña”.

Atendendo á escala prevista no Anexo VI, partirase
da cualificación que concentre a maioría das puntuacións obtidas. Os tramos de
cualificacións son os seguintes:



-Cualificación de Excelente: 10 puntos.

-Cualificación de Moi ben: normalmente
entre 8-9 puntos. 

-Cualificación de Ben: normalmente entre
7-8 puntos. 

-Cualificación de Regular: normalmente
entre 5-6 puntos.  

-Cualificación de Deficiente: Suspenso (a
valorar atendendo ás observacións puntuais do titor/a).

Naqueles apartados cuxa cualificación sexa
menor á maioritaria, restarase 0,1 puntos á nota de partida; naqueles nos que a
cualificación sexa maior, sumarase 0,2 puntos.



A realización da Memoria de prácticas ten
que seguir ao detalle o modelo de memoria presentado no Anexo IX do
“Procedemento de xestión das prácticas do Grao en Socioloxía da Universidade da
Coruña”. A avaliación da Memoria ten como baremo de puntuación o seguinte:



-Apartado 1: Descrición concreta e
detallada das tarefas desenvolvidas (máximo de 2 puntos).

-Apartado 2: Valoración das tarefas
desenvolvidas e os coñecementos e competencias adquiridas en relación cos
estudos universitarios recibidos (máximo de 2 puntos).  

-Apartado 3: Relación dos  problemas
encontrados e do procedemento seguido para resolvelos (máximo de 1,5 puntos).  

-Apartado 4: Identificación das melloras
que, en materia de aprendizaxe, supuxo a estadía de prácticas (máximo de 2
puntos). 

-Apartado 5: Avaliación final das
prácticas e propostas (máximo de 1,5 puntos). 

-Asistencia á Xornada de formación inicial e de encontro con empregadores, na que se explica, entre outras cuestións, como abordar a Memoria de prácticas (1,0 puntos). 

É obrigatorio contar co correspondente
Informe do/a titor/a profesional (50% da cualificación) así como facer entrega
da Memoria de prácticas (50% da cualificación) para poder superar o
"Prácticum". A cualificación final, polo tanto e nunha escala do 0 ao
10, equivalerá á media aritmética calculada a partir das cualificacións obtidas
no Informe do/a titor/a profesional e Memoria de prácticas.


 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes