Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Dereito
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A10 B6 Intervención activa dos grupos nas clases prácticas 20
Traballos tutelados A3 B6 B7 B8 C3 C4 Elaboración de traballos monográficos relacionados cos temas do programa 20
Proba obxectiva A10 B6
Exame teórico-práctico dos contidos fundamentais da materia
60
 
Observacións avaliación

A AVALIACIÓN personalizada do alumnado realizarase de acordo cos seguintes criterios:

 

1. A avaliación dos coñecementos teóricos adquiridos  -sobre a base dos apuntamentos proporcionados polo profesor e os contidos expostos nos seminarios monográficos-, será obxecto de tres probas teóricas obxectivas (tipo test), unha por cada parte en que se estrutura o programa da materia, cuxas datas serán anunciadas na primeira semana de clase, sen prexuízo da súa modificación previo acordo co alumnado.

 

Para superar a materia será necesario aprobar (polo menos coa nota mínima) cada unha das tres probas teóricas obxectivas. Se algunha destas probas se suspendese, habería que  presentarse para a parte ou partes non superadas á proba final -ordinaria- do cuatrimestre, que consistirá igualmente nunha proba tipo test sobre a materia suspensa.

 

Esta sección de coñecementos teóricos, que terá un valor do 60% da nota final, é necesario superala en todo caso para avaliar o resto de coñecementos recolleitos nos apartados 2 e 3 seguintes (coñecementos prácticos e traballos tutelados).

 

2. A avaliación dos coñecementos prácticos realizarase de acordo co desenvolvemento das clases prácticas relativas aos debates e casos de xurisprudencia,  e de acordo coa cualificación obtida en cada caso práctico polo grupo ou subgrupo no seu conxunto. Esta sección de coñecementos prácticos terá un valor do 20% da nota final.

 

3. A avaliación dos traballos tutelados levarase a cabo nas sesións previstas para este fin e de acordo coa cualificación obtida na defensa pública e elaboración do traballo polo grupo ou subgrupo no seu conxunto. Este apartado terá un valor do 20% da nota final.

 

4.- Proba extraordinaria (xullo). O alumnado que non supere a proba final ordinaria do cuatrimestre de coñecementos teóricos deberá presentarse a proba extraordinaria, na que será obxecto de avaliación, como mesmo sistema tipo test, o conxunto ou totalidade do programa da materia.

 

5.- A non realización ou non superación das prácticas (debates, casos de xurisprudencia e traballos tutelados) impedirá o acceso a proba extraordinaria así como avaliación positiva da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes