Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C2 C3 A actividade de "aprendizaxe-servizo" e o "traballo tutelado" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal maneira que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 30% da nota final. A nota da parte práctica mantense para a segunda oportunidade. Se non se alcanza unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 no traballo tutelado e na presentación oral a materia considerarase como non superada. No caso de non ser superado o traballo tutelado e por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito traballo. 15
Presentación oral B1 B2 B3 B4 B6 B9 C1 C2 C3 C4 Cada grupo deberá expor o traballo práctico/aprendizaxe e servizo de maneira oral. Na exposición deberán participar todos os integrantes do grupo e os profesores poderán formular cantas preguntas aclaratorias estimen oportunas. A exposición apoiarase en presentacións audiovisuais. Previamente á exposición, cada grupo enviará aos profesores, en formato pdf, tanto o traballo escrito como a presentación. 20
Proba de resposta múltiple A6 A9 A10 A11 B1 B2 B3 C4 Preguntas test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación minima de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.

A asistencia a clase outorgará un plus máximo de 0,5 puntos que se aplicará sobre a cualificación da proba de resposta múltiple, sempre que a cualificación desta sexa como mínimo de 4,5 puntos sobre 10. Será necesario para iso ter polo menos un 85% de asistencia ás clases.

No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test.


50
Aprendizaxe servizo A3 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C4 A actividade de "aprendizaxe-servizo" e o "traballo tutelado" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal maneira que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 30% da nota final. A nota desta actividade mantense para a segunda oportunidade. Se non se alcanza unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 actividade de aprendizaxe e servizo, xunto coa súa presentación oral a materia considerarase como non superada. No caso de non ser superada esta actividade e por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada na devandita actividade.

15
 
Observacións avaliación

Está
prohibido acceder á aula do examen con calquer dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Segunda Oportunidade:

Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade.

Convocatoria adiantada:

No
caso de que o alumnado solicitase a convocatoria adiantada, este será
avaliado a través dunha proba de resposta múltiple (catro opcións), onde
as preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple
establece un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. A
ponderación desta proba nesta convocatoria será dun 100%.


Calificación de non presentado:

Corresponde ao alumnado, cando so
participe de actividades de avaliación que tiñan una ponderación
inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da
calificación alcanzada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Identificación do estudante: 

O estudante terá que acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.   

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de fallo '0' na materia na correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación da convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes