Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Comunicación corporativa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Comunicación corporativa Código 616G01013
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Costa Sanchez, Carmen
Correo electrónico
carmen.costa@udc.es
Profesorado
Costa Sanchez, Carmen
Correo electrónico
carmen.costa@udc.es
Web
Descrición xeral O/A profesional da comunicación ten enormes posibilidades de desenvolvemento profesional non só nos medios de comunicación, senón tamén nos departamentos de comunicación das organizacións (tamén chamados gabinetes de comunicación). As empresas e institucións necesitan cultivar as relacións cos seus públicos (externos, intermedios e internos) para mellorar a súa imaxe e a xestión da organización. Na actualidade, os medios interactivos e audiovisuais teñen cada vez máis importancia e cómpre contar con profesionais que dominen todas as súas posibilidades expresivas. Esta materia impártese en segundo curso de grao unha vez que se alcanzaron coñecementos básicos e se comeza a tomar contacto cos grandes campos profesionais da comunicación: o xornalismo, a publicidade, a ficción, os formatos de televisión e o deseño. Mantén unha especial relación coa materia Publicidade Audiovisual por compartir o código comunicativo da persuasión e coa materia de terceiro curso Análisie Audiovisual porque posúe un enfoque esencialmente práctico inseparable do efecto social de súa mensaxe, é dicir, a comunicación corporativa pretende obter un determinado efecto na súa audiencia sen o cal carece de sentido.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes