Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Audio
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A7 A8 C1 C2 C3 C4 Avaliarase a calidade do proxecto realizado. No proxecto empregarase todo o coñecemento práctico da materia. 20
Proba obxectiva A1 A2 A7 A8 B1 Proba relacionada cos coñecementos teóricos da materia 50
Presentación oral A12 B1 C1 C2 C4 Presentación dos traballos en grupo/individuais e defensas de prácticas 10
Prácticas de laboratorio A1 A2 A7 A8 B6 B7 B8 B9 Avaliarase a calidade das prácticas realizadas nos diferentes aspectos da materia 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible entregar todos os traballos
tutelados e acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10
puntos tanto nos traballos tutelados como nas prácticas de laboratorio e
na proba obxectiva.

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria
extraordinaria.

De acordo coa normativa da UDC en relación ao
estudantado matriculado a tempo parcial, o réxime de asistencia a clase
non afectará negativamente ao proceso de avaliación, admitíndose nesta
materia a dispensa académica para a asistencia solicitada polas canles
institucionais habilitadas ao efecto. Porén, esta flexibilidade
asistencial non eximirá da entrega de traballos tutelados e prácticas
nos mesmos prazos fixados para o estudantado a tempo completo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes