Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Formatos de televisión e novos medios
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nestas clases explicaranse os diferentes temas do programa, para o que se contará co apoio de presentacións power-point, vídeos e diversos materiais que faciliten a explicación dos asuntos abordados e que se empregan habitualmente nas televisións e produtoras audiovisuais
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre os alumnos deberán realizar diferentes traballos en grupo e indviduais (segundo o cronograma da asignatura) que computarán na nota final.
Os contidos destes traballos son os seguintes
- análise dunha grella de programación. Localización de xéneros por canles
- análise dos contidos que conforman o catálogo das principais distribuidoras de formatos
- ideación dun formato
- busca e análise de contidos tranmedia, crossmedia e branded content
Estudo de casos Realizaranse os seguintes estudos de casos:
- revisión de materiais de formatos informativos
- revisión de materiais de formatos de entretemento
- análise das tendencias de formatos a nivel internacional
Presentación oral É importante para a formación dos alumnos que se fagan coas técnicas de defensa de proxectos de maneira oral, polo que terán que facer unha presentación oral do formato audiovisual que teñan deseñado
Proba mixta Un exame escrito no que o alumno terá que demostrar os coñecementos adquiridos
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes