Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Teoría e práctica da edición e a montaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A7 A8 A12 B4 B5 B6 B8 C1 C2 C3 C4 Práctica en grupo co seguimento e titorización do profesorado 20
Proba mixta A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A12 B4 B5 B6 B8 C1 C2 C3 C4 Proba en bases aos contidos teóricos vistos na clase 40
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A7 A8 A12 B8 Prácticas realizadas polo alumnado nas sesións interactivas coa orientación do profesorado 40
 
Observacións avaliación
-A teoría supón o 40% da nota e a práctica un 60%. 

-Para superar a asignatura deben estar aprobadas as dúas partes (teoría e práctica). Para superar a parte práctica, deben estar aprobadas cada unha das prácticas finais, ademáis de entregadas en data e superadas, todas e cada unha das prácticas de clase.

-O alumnado que goce de dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da asignatura antes do día 15 de setembro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias ás aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo. 

-A realización fraudulenta das prácticas e das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes