Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Infografía 3D-1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A7 A8 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C4 Exercicios prácticos 40
Proba mixta A1 A2 A4 A7 A8 A11 B3 B4 B6 Exame teórico 20
Proba práctica A1 A2 A4 A7 A8 A11 B3 B4 B6 Exame práctico 20
Portafolios do alumno A1 A2 A4 A7 A8 A11 B2 B3 Traballo práctico 20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia consistirá nun exame práctico (20% da nota final), un exame teórico (20%), un traballo final (20%) e os exercicios prácticos (40%) realizados ao longo da materia. 

As competencias, as datas de entrega e os criterios de avaliación que se desenvolverán en cada proba notificaranse previamente en clase e publicaranse en Moodle ao longo do cuadrimestre. 

O alumnado que se atope en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas nas datas sinaladas. As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o traballo final foron deseñados para abarcar o maior grao de inclusión posible. Se fose necesario e sempre baixo petición previa do alumnado; realizaranse as adaptacións necesarias para non prexudicar a cualificación do alumnado. 

As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o traballo final foron deseñados para garantir o aprendizaxe autonómo non presencial; por tanto o alumnado que se atope en situación de dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas durante os períodos de tempo sinalados.

Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes