Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Ferramentas de creación multimedia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 A7 B8 C2 C3 C4 Proba obxectiva do traballo tutelado (incluindo entrega de Memoria final). 20
Proba obxectiva C2 Proba relacionada cos coñecementos adquiridos na materia. 40
Prácticas de laboratorio A2 B8 C4 Exercicios realizados nas clases prácticas da asignatura. 20
Traballos tutelados A2 A7 A8 B8 Traballos baseados nos coñecementos adquiridos na materia e realizados co seguimento do docente. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible entregar todas as prácticas de laboratorio e o traballo tutelado, e acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 puntos tanto neles como na proba obxectiva. A presentación oral do traballo tutelado é obrigatoria.

PLAXIO: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto
cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas
fora da organización habitual da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes