Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Ambientación sonora e musical
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Ambientación sonora e musical Código 616G01028
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Navarro Álvarez, Adriana
Correo electrónico
a.navarro@udc.es
Profesorado
Navarro Álvarez, Adriana
Piñeiro Otero, Maria Teresa
Correo electrónico
a.navarro@udc.es
teresa.pineiro@udc.es
Web
Descrición xeral Ambientación Sonora y Musical constitúe unha materia de interese para a formación d@s futur@s titulad@s en Comunicación Audiovisual debido á relevancia que adquiere o son tanto no audiovisual convencional como no eido dixital e multimedia. Esta materia pretende dotar ao alumnado dos coñecementos precisos para analizar os compoñentes do son e as súas posibilidades expresivas; para manexar os códigos sonoros e da música no audiovisual e -máis concretamente- nos diversos xéneros e formatos, así como para abordar o deseño sonoro dunha peza audiovisual.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Todas *Metodoloxías docentes que se modifican A presentación oral poderia facerse gravada en diferido sempre que, por causas xustificadas, o alumnado tivese dificultades para a conexión e defensa do proxecto final coa solvencia requerida. Neste caso apostaríase por un repositorio de presentacións gravadas para que o alumnado poida efectuar a avaluación dos proxectos dos seus compañeiros segundo rúbrica. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando e os exercicios planteados nas clases expositivas. Dispoñen    de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias e, de ser o caso,“foros de actividade específica”. Teams: unha sesión semanal de toda a clase, para o desenvolvemento de contidos teóricos, e outra sesión para grupos medianos na franxa horaria sinalada a materia no horario. Asemade no horario oficial de titorías haberá a posibilidade de establecer interaccións individuais e grupais nesta plataforma para o seguimiento e apoio dos trabalos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense as mesmas previstas na guía docente *Observacións de avaliación: A única modificación na avaliación estaría vinculada á presentación oral do proxecto final, en tanto a súa “virtualización” faría precisa a atención a algún aspecto non tido en conta de ser presencial. En calquera caso, os criterios de valoración sinalaranse no momento de presentación da actividade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. No caso daquelas obras que non teñan versión dixital aportaranse aqueles fragmentos precisos para a comprensión da materia a través do campus virtual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes