Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Ambientación sonora e musical
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual para a súa consulta antes das clases.
Nas sesións maxistrais realizaranse microprobas tipo test, para determinar coñecementos e erros frecuentes na comprensión do material teórico, actividades orientadas a reforzar e facilitar a comprensión da materia, así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos clave da materia.
Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa.
Estudo de casos Análise individual dun produto sonoro seguindo un enfoque relacionado cos contidos da materia. Dita análise entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) seguindo as normas previamente sinaladas pola docente. Ademáis de avaliar a análise terase en conta a calidade da gravación e edición de son.
A presenza dun fragmento, superior a unha frase, copiado supón a anulación do traballo de investigación e -polo tanto- un cero.
Obradoiro Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas. Dentro destas prácticas intégranse dúas con maior ponderación na nota final: un retrato sonoro e o deseño sonoro dunha peza "contrarreloxo".
A entrega de ditas prácticas efectuarase de forma habitual ao rematar a clase ou, de ser o caso, no tempo e forma que sinale a docente.
Traballos tutelados Ideación e planificación en grupo dun proxecto sonoro de carácter seriado cuxa forma, estilo, linguaxe, temática e/ou enfoque resulten innovadores. Deseño e produción integra dun dos episodios-pezas da proposta planeada, a modo de piloto.
Aprendizaxe colaborativa Adaptación en grupo dun álbum ilustrado a formato sonoro. Máis aló da voz narradora, esta adaptación vai ter en conta a creación de personaxes, espazos i -en xeneral- o deseño sonoro íntegro.
Presentación oral Presentacións do proxecto sonoro en diversas fases. Estas presentacións desenvolveranse ao comezo da actividade, na fase de ideación, e -a lo menos- nunha das fases finais de produción do contido.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes