Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Organización e produción audiovisual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A6 A7 A9 A10 A12 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 Traballos individuais
Traballos en grupo
60
Proba mixta A2 A3 A6 A7 A9 A10 A12 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e
preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de
desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas
de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de
discriminación, de completar e/ou de asociación
40
 
Observacións avaliación

Dado que é unha materia eminentemente práctica, o peso maioritario desta recae, sobre todo, nos traballos realizados polo alumnado. O 40% da avaliación total procede da proba obxectiva sobre a teoría impartida nas clases maxistrais que está nos apuntes da materia. Esta proba realizarase na data establecida pola Facultade. O 60% restante responde á avaliación das prácticas de Organización e Producción Audiovisual realizadas ao longo do curso. 

Para superar a materia é necesario aprobar todos os traballos prácticos plantexados na clase e obter un 2 (20 sobre 100) no exame final.

Penalizarase o plaxio de calquer traballo coa anulación da proba entregada.

O alumnado que goce de dispensa académica deberá porse en contacto ca profesora da asignatura antes do día 15 de setembro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias nas aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo. 

Os/as alumnos/as deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (Moodle), pois será o espazo a través do cal se lles comunicará toda a información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e calificacións.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes