Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Realización Audiovisual
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Realización Audiovisual Código 616G01030
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://http://www.cienciasdacomunicacion.es
Descrición xeral Esta materia propón dar a coñecer os procesos de elaboración e creación de obras audiovisuais para televisión, así como os elementos básicos de narración. Preténdese que o alumno adquira os fundamentos teóricos e técnicos, así como as habilidades instrumentais suficientes para afrontar, desde o punto de vista narrativo e estético, a elaboración de productos audiovisuais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Mantéñense todas as metodoloxías docentes pero adáptanse á docencia non presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: -Moodle: é a canle oficial de información aos estudantes con todas as cuestións que afectan á materia. Publicarase información segundo avance a materia. -Correo electrónico personalizado: dispoñible en horario laboral para consultas, solicitar encontros virtuais, resolver dúbidas e facer seguimento das prácticas. -Microsoft Teams: titorías persoais ou grupais. Sempre que os estudantes así o solicíten ou o docente o considere necesario. 4. Modificacións na avaliación: Proba mixta: mantén o mesmo valor. Exame a través de Moodle. Mantense a necesidade de aprobar esta parte e tamén cada unha das prácticas para superar a materia. *Observacións de avaliación: No caso de problemas de conexión, conectividade telemática ou de acceso ao ordenador o día da entrega ou celebración das probas de avaliación, buscaranse alternativas con estes/as estudantes con posibilidade de realizar esta/s proba/s en distintos horarios ou en distinta modalidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Se é necesario, as fontes de información poñeranse ao dispor dos estudantes en formato dixital.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes