Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Traballo Fin de Grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B6 B8 B9 C1 C2 C3 C4 Avaliarase a preprodución, produción, posprodución e defensa do TFG 100
 
Observacións avaliación

Recoméndase que o alumnado consulte periódicamente o campus virtual, no que se colgarán avisos, normativa e datas relevantes para cursar a materia. 

Todo escrito ateráse aos usos e normas nesta demarcación xeográfica da Real Academia Galega o de la Real Academia Española para que poida ser correctamente entendido e en consecuencia avaliado.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia debe poñerse en contacto coa responsable da materia para acordar as condicións de avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

A continuación exponse a estrutura da memoria do Traballo Fin de Grao (TFG):

O traballo na súa totalidade constará tanto da memoria como dos contidos, anexos e cualquer tipo de produto creado para o TFG. 

Consideracións iniciais: 

• Permítese liberdade no deseño e maquetación da memoria e os documentos que a acompañan. 

• O contido da memoria poderá seguir a estrutura presentada neste documento ou a adaptación da misma, que o director ou directores do traballo consideren necesaria.

• Na portada débese incluir o título e a autoría. 

ESTRUTURA E APARTADOS DA MEMORIA 

A memoria poderá estar estruturada da maneira que se indica.

O número de apartados ou capítulos da memoria dependerán das necesidades do traballo ela orientación do/s director/es. A memoria estará organizada en capítulos. 

Suxírense a continuación 4 bloques posibles que se describen da siguiente forma: 

• Bloque 1. Portada e páxinas iniciais 

• Bloque 2. Introdución e descrición do TFG 

• Bloque 3. Estudio previo e desenrrolo do proxecto 

• Bloque 4. Conclusións, referencias e documentación adicional

Bloque 1. Portada e contracuberta 

1. Portada 

• Portada TFG (estará no idioma no que esté escrito o traballo) e conterá a seguinte información: 

o Curso: Curso 20__/__

o Título do TFG 

o Nome do/s alumno/s  

o Nome do/s director/es 

o Titulación

• Contracuberta cos datos incluidos no documento Anexo I, a consultar no campus virtual de la asignatura. A entrega deste apartado é obrigatoria. 

2. Agradecementos (Opcional) 

• Poderáse engadir unha páxina cos agradecementos que se consideren adecuados. 

3. Índice de contidos 

• Incluirase o índice dos capítulos da memoria e o número de páxina correspondente. Debe constar polo menos dun primer nivel de indexación y recoméndase chegar ao segundo nivel. 

Bloque 2. Introdución e descrición do traballo

1. Introdución 

• Este apartado conterá a introdución e obxectivos do traballo. 

• Poderá cubrir os seguintes puntos: 

o Motivación do autor para realizar o traballo 

o Alcance do traballo e obxectivos concretos 

o No caso de ser un traballo en grupo, reparto de tarefas de cada un dos autores 

2. Descrición do TFG 

• Poderá conter os seguintes puntos: 

o Descrición 

o Propósito ou obxectivo 

o Formato e duración 

o Público obxectivo 

o Plataforma de exhibición/explotación 

o Resumo da historia que se narra

o Estilo artístico e visual

Bloque 3. Estudo previo e desenvolvemento do proxecto 

1. Estado da arte/Estudos previos/Referencias/Documentación 

• Conterá a documentación previa máis axeitada para o desenrolo do traballo. Será guiado polo director, e dependerá de cada tipo de proxecto. 

• Algúns contidos poderán ser: 

o Análise de audiencias 

o Estudos de mercado 

o Comparación ou estudo doutros produtos existentes 

o Referencias visuais, de guion, etc. 

o Otros

2. Capítulos de desenrolo do TFG 

• Aínda que o contido dependerá do tipo de proxecto, algúns exemplos de contidos deste punto poderían ser: 

o Metodoloxía de traballo 

o Desenrolo do guion 

o Esquemas de cámara 

o Esquemas de iluminación 

o Estratexias de comunicación 

o Estratexias de marketing 

o Plan de medios 

o Proceso de creación 

o Deseño de produción 

o Análise de resultados 

o Enquisas

o Postprodución 

o Outros… 

Bloque 4. Conclusións, referencias e documentación adicional 

1. Conclusións

• Alcance dos obxectivos propostos 

• Materias e competencias que aborda o proxecto 

• Reflexión e/ou (auto)crítica 

• Propostas de mellora 

• Outros… 

2. Referencias, bibliografía, etc. 

• Bibliografía, referencias, webgrafía 

• Cualquer outra fonte de información que se considere axeitada

• O formato a seguir para citas, referencias e bibliografía será o APA (última edición) 

3. Listado de anexos e apéndices 

• Listado de anexos e apéndices entre os que se poden atopar: vídeos, ligazóns, documentos de deseño, guion literario, guion técnico, deseño de producción, mapas de navegación, prototipos, etc.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes