Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Estratexias de comunicación multimedia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A7 A8 A12 B9 C1 C2 C3 C4 O desenvolvemento dun proxecto transmedia será un traballo en equipo no que a profesora valorará tanto o resultado coma o proceso.
Ademais realizarase autoavaliación e co-avaliación (valoración dos grupos entre se).
A cualificación de cada alumno integrante do grupo podería ser diferente en función da súa achega e compromiso.
É necesario aprobar o proxecto para que a súa cualificación faga media coas outras probas e traballos previstos nesta avaliación.
Se o proxecto non se aproba, a materia resulta automaticamente suspensa.
60
Proba mixta A6 A7 A8 A12 C2 Exame da parte teórica da materia.
A presentación a este exame é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
20
Estudo de casos A6 A7 A8 A12 B9 C2 C4 Traballo en equipo para elaborar un informe sobre o caso de "boa práctica" que se analizou.
A participación neste traballo é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
20
 
Observacións avaliación

Ortografía: as posibles faltas de ortografía nos exames e traballos baixarán de modo significativo a cualificación dos mesmos.

Os alumnos deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (moodle),
porque a través deste espazo docente virtual comunicaráselles toda a
información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e
cualificacións.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes