Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Estratexias de comunicación multimedia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A6 A7 A8 A12 B9 C3 Realizarase unha proba escrita para avaliar o coñecemento dos contidos da materia. 20
Obradoiro A1 A2 A7 A8 A12 B9 C1 C2 C3 C4 A cualificación de cada alumno integrante do grupo podería ser diferente en función da súa achega e compromiso.

80
 
Observacións avaliación

- Ortografía: as posibles faltas de ortografía nos exames e traballos baixarán de modo significativo a cualificación dos mesmos.
- Para aprobar a materia é preciso ter aprobado a parte práctica (obradoiros e traballo tutelado). 

- Cada traballo ou exercicio práctico non entregado no tempo e forma estipulados supón a súa anulación.

-Mención Comunicación Audiovisual Multiplataforma: Nesta materia, poderán realizarse actividades ou traballos en coordinación con outras materias optativas da mención Comunicación Audiovisual Multiplataforma.  

-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
- Os alumnos/ as con dispensa académica deben contactar coa profesora antes do 30 de xaneiro, a fin de acordar un intinerario personalizado que permita suplir as ausencias ás sesións maxistrais, horas de traballo en aula e á conferencia / masterclass planificadas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes