Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Ferramentas web avanzadas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A8 B8 C2 C4 Avaliarase a calidade dos proxectos realizados nos diferentes aspectos da asignatura 25
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B8 C2 C3 C4 Seguemento das prácticas a realizar no laboratorio 25
Proba obxectiva A7 A8 B8 C2 Proba de avaliación dos coñecementos teórico/prácticos da asignatura 40
Presentación oral A8 B8 C2 Exposición dos traballos tutelados 10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible acadar unha nota mínima na parte teórica e práctica. Esta nota mínima será de 4 puntos sobre un máximo de 10 puntos. En caso de non chegar á nota mínima nalgunha das partes, a máxima nota global que se poderá acadar é dun 4.5.

O alumnado que non concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación obterá a condición de "Non presentado".


Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría e prácticas que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria en que se cometa, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes