Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Prácticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A1 A2 A3 A6 A7 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 C1 O titor da empresa levará a cabo unha memoria final na que valore as competencias adquiridas polo alumno durante as prácticas, puntuando cunha nota numérica (de 0 a 10) o grao de satisfacción das mesmas.

No caso de que o titor non indique unha nota numérica, a nota da simulación de prácticas fixarase a partir da valoración das competencias adquiridas.
70
Portafolios do alumno A4 A5 A8 A9 B3 B4 B6 B9 C2 C3 C4 Deberase entregar un portafolio final con toda a información sobre as prácticas desempregadas. Este instrumento permitirá ao titor interno coñecer o grao de profesionalización do coñecemento teórico acadado polo alumno durante o seu período de prácticas a través do aprendizaxe.

Este portafolio será valorado pola titora de prácticas da facultade, ata un total de 3 puntos.

A estrutura e orientación de dito traballo serán fixadas previamente nunha titoría coa titora de prácticas da Facultade, quen fará o seguimento do mesmo.
30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre ter aprobadas ambas partes, portafolio e simulación, no caso contrario podería recuperarse a parte "portafolio" na convocatoria de xullo.

Para ser avaliados en convocatoria de xullo cómpre que o alumnado teña finalizado o perído de prácticas e entregado o portafolio na data oficial do exame. Se non fose así, constaríalle como non presentada a convocatoria de xuño deixando a cualificación para a convocatoria de xullo.

O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso na simulación e -por tanto- na materia.

No caso de que este abandono estea xustificado; corresponderá á Comisión valorar a situación coa documentación médica ou legal necesaria.

Asemade, tamén será causa de suspenso o rexeitamento de dous ou máis prazas de prácticas ás que previamente se teña anotado.

Ademais da súa estructura e contido, na avaliación do portafolio terase tamén en conta a súa presentación, redacción e corrección ortográfica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes