Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Deseño Sonoro
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre o deseño sonoro, foron tratados durante as clases expositivas.
Proba de resposta múltiple Esta proba teórica versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC.
Aprendizaxe colaborativa Creación de deseño sonoro e dobraxe dun fragmento audiovisual animado
proposto pola profesora (traballo B ou Proxecto final). Parte desta nota -ata un
punto- estará determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros.
Presentación oral Presentación oral do "Proxecto final" (creación de deseño sonoro). Nesta presentación, cada grupo deberá
explicar o seu deseño sonoro, especialmente no que respecta ás decisións estéticas, e
responder as preguntas dos/os compañeiros/as. Cada un dos proxectos finais será
valorado polos/as estudantes a partir dunha rúbrica de avaliación proposta pola profesora.
Sesión maxistral Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais que se porán a disposición do estudiantado a través do Campus Virtual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes