Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Subjects
  Sound Design
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 Entregar de forma grupal o deseño sonoro íntegro dunha peza
audiovisual animada
30
Multiple-choice questions B3 Esta proba teórica versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC. 20
Laboratory practice A4 A5 A8 A10 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Para o cómputo das prácticas,
o/a estudante ten que entregar
polo menos o 80% das prácticas da
materia (grupo mediano).
40
Oral presentation A5 A22 A37 A39 B3 B4 B6 B11 B12 C1 Cada un dos proxectos finais será
valorado polos estudantes a partir dunha
rúbrica de avaliación proposta pola
profesora.

Para a avaliación da presentación oral
débense cumprir os seguintes requisitos:
(1) asistir e participar na presentación,
(2) entregar a rúbrica de avaliación
cuberta e (3) entregar o "Proxecto
final" (traballo tutelado B) en tempo e forma.
10
 
Assessment comments

Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará
polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de
soporte e data de entrega.

Para superar a materia na CONVOCATORIA OPORTUNIDAD (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total
das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste
cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así
como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato
diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte,
ou na súa totalidade, será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa
avaliación.

No caso do alumnado a tempo parcial e/ou dispensa académica de exención de asistencia establécense os seguintes cambios na avaliación: (1) substitución das actividades desenvolvidas durante a clase maxistral e do prácticas obradoiro por un exame teórico-práctico na data oficial da materia (valor ata 3,5 puntos); (2) desenvolvemento dos traballos tutelados de forma individual. 

Para superar a materia na SEGUNDA OPORTUNIDADE o/a estudante deberá: 

  • Entregar de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual,
    proposta pola docente, co correspondente dossier. Este traballo e a súa
    presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto
    ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto + 10%
    presentación). Para a súa avaliación deberase entregar na data oficial
    de exame, no formato sinalado pola profesora (tanto a peza audiovisual
    co son íntegro, e o dossier).
  • Aprobar o exame na data oficial. Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC. Este exame constituirá o 30% da nota final. 

En calquera caso, para superar a materia débese aprobar o exame (5 puntos ou 1,5 ponderado) e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final. 

Asemade aqueles/as estudantes que na avaliación continua (convocatoria de xaneiro-febreiro) queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), deberán
presentarse de toda a materia -teoría e práctica- na convocatoria de
xullo, seguindo as indicacións e requerimentos desta convocatoria. 

Nesta segunda oportunidade non se establecen fórmulas alternativas para o alumnado a tempo parcial e/ou con dispensa académica de exención de asistencia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes