Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Deseño de Niveis e Xogabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A10 A19 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B11 B13 B14 C1 C6 C9 Presentación final do traballo en grupo e defensa diante dos profesores da materia 15
Traballos tutelados A10 A19 A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C7 C8 C9 Traballo de deseño de xogos a realizar polos alumnos nun grupo e con apartados individuais. 35
Proba oral A10 A19 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B11 B13 B14 C1 C6 C9 Vídeos curtos feitos polos alumnos de xeito regular que deben mostrar e xustificar os avances realizados individualmente no traballo en grupo sobre o tema. 15
Traballos tutelados A10 A19 A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C7 C8 C9 Traballo de deseño de nivéis a realizar polos alumnos nun grupo e con apartados individuais. 35
 
Observacións avaliación
Notas sobre a entrega de traballos:
- Será necesario entregar todos os traballos grupais completos e con todos os apartados pedidos para poder aprobar a materia.
- Na avaliación de todas as convocatorias só computarán os traballos subidos nas tarefas do Campus Virtual para esa convocatoria, non se poderán entregar tarde nin por outra vía das indicadas.
- No caso da segunda oportunidade (e convocatoria extraordinaria de decembro) só subiranse os traballos que teñan modificacións, para aqueles traballos non entregados na devandita convocatoria, cualificaranse igual que na convocatoria anterior.

Avaliación para a segunda oportunidade en xullo e para a convocatoria extraordinaria en decembro:
- Os pesos da avaliación das dúas metodoloxías de "Traballos tutelados" permanecerán inalteradas.
- Modificaranse as dúas probas orais, que serán sustituídas por unha única proba oral que pesará o 30% da calificación final e que consistirá nunha exposición e defensa individual ante os profesores da materia dos traballo de deseño en grupo realizado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes