Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Empresa e Emprendemento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B5 C9 50% da nota final 50
Estudo de casos A1 A32 A33 B2 B3 B4 B6 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 50% da nota final 50
 
Observacións avaliación
Os criterios de avaliación descritos servirán para a primeira oportunidade. A participación nos casos prácticos (avaliación continua) nunha porcentaxe inferior ao 20% implica unha avaliación de non presentado, independentemente da puntuación acadada.
Na segunda oportunidade farase un exame sobre un caso práctico. A nota final do alumnado que superase a avaliación continua será a media desa nota e a do exame. Para os que non superaron a avaliación continua, a nota do exame teórico-práctico será o 100% da nota.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con renuncia académica á exención de asistencia, os criterios de avaliación serán os mesmos, salvo o requisito mínimo de asistencia.

Na convocatoria anticipada de decembro, os criterios de avaliación serán os mesmos que na segunda oportunidade.

O comportamento fraudulento en calquera dos apartados obxecto de avaliación dará lugar a unha puntuación de cero puntos na avaliación final. Queda expresamente prohibido o acceso durante as probas presenciais a teléfonos móbiles e calquera outro dispositivo de comunicación e/ou almacenamento de información a distancia. O incumprimento desta norma supón un cero na avaliación final. O alumno deberá acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.
O alumno deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. Para calquera outra cuestión non expresamente detallada nesta guía, remitirase ao disposto na normativa vixente aplicable a cada caso que se presente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes