Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Prácticas Externas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A2 A10 B1 B3 B4 B5 B10 B11 C1 C3 C4 C5 C8 C9 Deberase entregar unha memoria final do/a alumno/a con toda a información sobre as prácticas desenvolvidas, os coñecementos e competencias adquiridos en relación coa titulación, así como unha reflexión crítica sobre a súa aprendizaxe durante o período de prácticas preprofesionais. Este documento seguirá o modelo establecido e publicado no Campus Virtual -extensión mínima, estrutura...- coas adaptacións precisas para cada caso concreto.

Nesta memoria tamén se incluirá un resumo-valoración das actividades-eventos que ao longo do curso sexan convocados como parte da materia (por exemplo accións de formación e orientación laboral).

Esta memoria será avaliada polo/a titor/a académico/a ata un total de 2 puntos. Ademais da súa estrutura, contido e extensión, na avaliación da memoria-portafolio terase en conta a presentación, redacción e corrección ortográfica.
20
Traballos tutelados A2 A10 A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 O/a titor/a profesional da empresa elaborará un informe final, a fin de valorar as competencias adquiridas polo/a alumno/a durante as prácticas, segundo a escala numérica de ítems incluídos no modelo que se lle facilitará.

A nota da estadía de prácticas fixarase a partir desa valoración das competencias adquiridas, ata un total de 8 puntos.
80
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre ter aprobadas ambas as partes:
"Portafolio do alumno" e "Traballos tutelados". No caso contrario só se
podería recuperar a parte do "Portafolios" na segunda oportunidade
(entrega na data oficial de exame en setembro). 

Para a avaliación na primeira oportunidade cómpre que o alumnado finalice o período de prácticas e entregue a memoria ata a data oficial de exame (esta incluída). De non ser así pasaría a avaliarse na segunda oportunidade

Debido
ás características desta materia non se establecen sistemas de
avaliación alternativos para o alumnado a tempo parcial e con dispensa
académica de exención de asistencia se ben, sempre de acordo coa
entidade de prácticas, podería terse en conta ditas particularidades na
elaboración do Plano Formativo.

O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso cunha calificación numérica de "0" nos "Traballos tutelados" e -por tanto- na materia.

No
caso de que este abandono estea xustificado, corresponderá á Comisión
Académica valorar a situación coa documentación pertinente aportada
polo/a alumno/a e as persoas encargadas da súa titorización
(entidade-facultade). 

A elaboración da memoria-portafolio esixe
ao estudante a reflexión crítica respecto da súa experiencia durante a
estadía de prácticas, relacionándoa coa súa formación académica. Neste
senso trátase dun traballo persoal: calquera memoria que conte cun fragmento superior a unha frase copiado será anulada, co consecuente suspenso na materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes