Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Traballo Fin de Grao
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxecto de Videoxogo/616G02042
Proxecto de Animación/616G02021

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida:

      1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

               1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.  

               1.2.  Realizarase  a  través  de  Moodle,  en  formato  dixital  sen  necesidade  de  imprimilos 

               1.3. De se realizar en papel: 

                    Non se empregarán plásticos. 

                    Realizaranse impresións a dobre cara. 

                    Empregarase papel reciclado. 

                    Evitarase a impresión de borradores. 

     2. Débese  facer  un  uso  sostible  dos  recursos  e  a  prevención  de  impactos  negativos  sobre o medio natural. 

     3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da  sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

Segundo  se  recolle  nas  distintas  normativas  de  aplicación  para  a  docencia  universitaria  deberase  incorporar  a  perspectiva  de  xénero  nesta  materia  (usarase  linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase  a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na  contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse  accións e medidas para corrixilas. 

Facilitarase  a  plena  integración  do  alumnado  que  por  razón  físicas,  sensoriais,  psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario  e proveitoso á vida universitaria.

Recoméndase seguir a siguinte estrutura para a elaboración da memoria do TFG:

     1. Portada

     2. Información

     3. Agradecementos

     4. Índice

     5. Introducción e descripción

     6. Estudio previo e documentación

     7. Elaboración do produto

     8. Conclusións

     9. Listado de anexos e apéndices

     10. Bibliografía

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes