Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Competencias / Resultados do título


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Analizar a evolución do eido financeiro español e internacional, como tamén a operativa dos mercados de divisas e o seu papel na xestión do risco cambiario
  AP2 Coñecer os aspectos históricos e institucionais do desenvolvemento bancario, especialmente o papel da banca universal, a diversificación, o cambio tecnolóxico e a informatización na era da globalización
  AP3 Identificar os retos estratéxicos e tendencias aos que se enfrontan as entidades financeiras
  AP4 Dominar o procedemento de elaboración dos fluxos de caixa, a determinación do Valor actual neto e a taxa de rendemento interna
  AP5 Utilizar os principais modelos de análise e selección de inversións, tanto nun contexto de certeza como de risco e incerteza
  AP6 Estruturar o proceso de selección de investimentos tendo en conta tanto os modelos cuantitativos como a información de tipo cualitativo
  AP7 Ordenar, determinar e aplicar os modelos de valoración de empresa a distintos eidos
  AP8 Determinar os obxectivos financeiros e o concepto de valor de empresa
  AP9 Entender o concepto de intanxibles, a súa localización, a súa importancia, a súa valoración, a súa implicación na función financeira
  AP10 Analizar e deseñar un sistema de información, dende a perspectiva da xestión da empresa.
  AP11 Comprender o papel das TIC no desenvolvemento de novas formas de organización e de facer negocios
  AP12 Entender o sistema de formación de prezos dos produtos financeiros e a regulamentación básica
  AP13 Coñecer e aplicar, mediante ferramentas informáticas, os conceptos e teorías que constitúen a base das finanzas modernas
  AP14 Coñecer os instrumentos máis importantes de control de risco de mercado, de crédito e operacionais
  AP15 Comprender os modelos de valoración de activos financeiros; crear e xestionar carteiras de valores
  AP16 Utilizar instrumentos derivados coa fin de utilizalos na confección de carteiras mixtas para adecuar o grao de risco ás preferencias do inversor
  AP17 Implementar un proceso de planificación estratéxica nos mercados financeiros
  AP18 Identificar oportunidades comerciais no sector bancario
  AP19 Saber percibir as fontes de risco financeiro
  AP20 Explotar datos financeiros e de mercado na análise e a avaliación de riscos
  AP21 Coñecer os instrumentos financeiros básicos da financiación internacional
  AP22 Coñecer a interrelación entre os fluxos comerciais e financeiros internacionais
  AP23 Identificar as variables relevantes na determinación do tipo de cambio nas perspectivas do corto e longo prazo
  AP24 Relacionar a composición óptima da carteira financeira con activos domésticos e activos internacionais coas expectativas nos mercados cambiarios e a aversión ao risco
  AP25 Coñecer o papel e o funcionamento do banco central. Identificar as relacións entre os tipos de xuro do banco central e os tipos dos mercados monetarios
  AP26 Saber qué son os instrumentos financeiros derivados, como se pode acceder á súa utilización, para qué serven, en qué caso convén utilizar uns ou outros produtos
  AP27 Valorar criticamente a utilización dos instrumentos financeiros derivados en determinadas ocasións sabendo as vantaxes ou desvantaxes que poderían proporcionar
  AP28 Valorar a solvencia dunha empresa e das entidades financeiras
  AP29 Coñecer os conceptos fundamentais do Dereito da intermediación financeira
  AP30 Coñecer a normativa básica do Dereito da intermediación financeira
  AP31 Ser consciente da importancia do respeto ao ordenamento xurídico na actuación nos mercados financeiros
  AP32 Resolver problemas xurídicos relacionados cos mercados financeiros individualmente e en grupo
  AP33 Comprender a importancia do Dereito como medio de resolución pacífica das controversias e de resolución de conflitos de interese
  AP34 Coñecer as implicacións tributarias para as persoas físicas e xurídicas que invisten en produtos financeiros
  AP35 Identificar os principais efectos da fiscalidade nas decisións de investimento financeiro
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 Habilidades lingüísticas básicas.
  BP2 Planificación para a resolución de problemas.
  BP3 Uso adecuado dos medios e sistemas de información dispoñibles.
  BP4 Habilidades informáticas.
  BP5 Habilidades de presentación oral e escrita.
  BP6 Pensamento crítico e avaliación das accións propias e alleas.
  BP7 Habilidade para traballar de forma autónoma e tomar decisións.
  BP8 Capacidade de organizar e planificar, saber administrar o tempo.
  BP9 Capacidade para traballar baixo presión.
  BP10 Habilidades interpersonais, saber relacionarse con outros.
  BP11 Curiosidade, habilidades de búsqueda e xestión da información.
  BP12 Preocupación pola calidade, por facer as cousas ben.
  BP13 Capacidade para adaptarse a novas situacións, flexibilidade.
  BP14 Análise e toma de decisións en materia de riscos financeiros e de investimento
  BP15 Explotación da información dispoñible para a planificación e a toma de decisións
  BP16 Utilización de técnicas estatísticas e econométricas para a resolución de problemas específicos no ámbito das finanzas e a banca
  BP17 Comprensión do concepto de valor temporal do diñeiro e aprendizaxe dos instrumentos de matemáticas financeiras que o utilizan para resolver distintos problemas no ámbito das finanzas
  BP18 Adquisición da capacidade necesaria para analizar a situación financeira da empresa nun momento determinado, establecemento das correccións adecuadas e planificación do seu futuro
  BP19 Elaboración de diagnósticos sobre a contorna económica e financeira, para fundamentar a toma de decisións financeiras
  BP20 Estudo da solvencia das empresas e das entidades financeiras
  BP21 Coñecemento da normativa contable relevante para entidades e instrumentos financeiros
  BP22 Coñecemento das funcións e compoñentes dos sistemas de información empresariais
  BP23 Coñecemento dos principais aspectos que abarca a actividade bancaria
  BP24 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
  BP25 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  BP26 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BP27 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  BP28 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
TipoC Código  
  Profesionalizador
  CP1
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
  CM7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
  CM9 Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, prioriza r actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes