Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Análise e xestión de riscos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A19 A20 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B20 B22 B23 B24 B25 B26 B28 C3 C6 Calidade dos traballos, coherencia das análises 47
Proba mixta A19 A20 B2 B3 B5 B6 B8 B9 B12 B13 B15 B16 B17 B18 B19 B24 B25 B26 B27 B28 Calidade do traballo realizado 33
Aprendizaxe colaborativa B10 B11 B12 B13 B15 B17 B19 B21 B22 B23 B24 B25 B26 B27 B28 C3 C6 C7 Calidade do traballo realizado 20
 
Observacións avaliación

A)   NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.    Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

2.    Identificación: O alumnado ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

B)   TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

 1.    Cualificación de non presentado: Cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

 2.    Recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: O estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial será avaliado cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo.

C)   OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

A materia estrutúrase en tres partes. Para aprobar a materia o alumnado ten que aprobar a
parte da materia que imparte cada docente. Para adecuar a avaliación as tres
partes que a integran, poderase cambiar a data oficial do exame

Para aprobar a materia é requisito necesario a asistencia a un 80% das sesións de clase, con aproveitamento e participación activa.

1.    Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación pertinentes indicados anteriormente nesta sección.

2.    Segunda oportunidade: constará unicamente dunha proba mixta correspondente á materia pendente da asignatura non superada na primeira oportunidade da convocatoria.

3.    Convocatoria adiantada: Será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final,  que comprenda todos os contidos e competencias da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes